11 de xullo de 2014

A vista do Paxaro


Abunda, por non dicir sobra, literatura sobre a cuarta dimensión. Marcel Schwob relata a obsesión dequen antes que outros soñou con representar o cambio no tempo, quen «creu que podería mudar todas as liñas nun só aspecto ideal», «concibir o universo creado igual que se reflectía no ollo de Deus, que ve xurdir todas as figuras dun centro complexo,». Porque o Paxaro «non permanecía nun só lugar: quería planear, no seu voo, sobre todos os lugares». Di Schwob que «tiña o costume de debuxar mazocchi, [...] uns puntiagudos, outros cadrados, outros con facetas [...] segundo todas as aparencias da perspectiva, ata o punto de encontrar un mundo de combinacións nas dobras do mazocchio». Un mundo que se repite nos paneis e pergameos mediceos ou nos muros do «Chiostro Verde» de Santa Maria Novella. Outros seguiranlle despois, pero nin sequera o gran Piero [1] alcanzará a sofisticación de Paolo dei Dono.

Estudo de mazzocchio en perspectiva (Gabinetto dei Disegni, Galleria degli Uffizi

Fresco de Il Diluvio Universale no convento de Santa Maria Novella


Detalle do fresco Il Diluvio Universale




Imaxinemos ao Paxaro planear sobre o noso mazzocchiotoro sólido adoitamos chamalo os matemáticos, redondeado para os xeómetras, con facetas para os topólogos– virtual: ninguén comprendería o seu cadro, no que só se vería «unha confusión de curvas», aínda que só captase una reducida mostra das infinitas perspectivas.



Din que imos a ombros de xigantes, pero en realidade vemos con ollos antigos. Grazas aos ordenadores, hoxe podemos materializar sen dificultade esas imaxes antigas, pero é prodixioso que teñamos as visións de Paolo Ucello, Piero della Francesca, Albrecht Dürer ou Johannes Kepler ao alcance dun simple clic. Deixemos ao Paxaro como o viu Schwob, gardando por sempre «na súa man convulsivamente pechada [...] un pequeno círculo de pergameo cuberto de liñas entrelazadas» que van «do centro á circunferencia» e volven «da circunferencia ao centro» [2].  


Video A vista do Paxaro

[1] Piero della Francesca (1415-1492) inclúe un estudo de mazzocchio en perspectiva no seu tratado De prospectiva pingendi dispoñible na Biblioteca Digitale Reggiana.



O mesmo estudo é retomado por Daniele Barbaro (1514-1570) no libro La pratica della perspettiva (in Venetia, appresso Camillo & Rutilio Borgominieri fratelli, al Segno di S. Giorgio, 1569) dispoñible en Mathematica Italiana.




[2] Os textos orixinais de Marcel Schwob proveñen da versión dixital daprimeira edición de Vies Imaginaires, Paris, Bibliothèque Charpentier, G. Charpentier et E. Fasquelle, Éditeurs, 11 Rue de la Grenelle, 1896.


Et il avait coutume de dessiner des mazocchi [sic], qui sont des cercles de bois recouvert de drap que l'on place sur la tête, de façon que les plis de l'étoffe rejetée entourent tout le visage. Uccello en figura de pointus, d'autres carrés, d'autres à facettes, disposés en pyramides et en cônes, suivant toutes les apparences de la perspective, si bien qu'il trouvait un monde de combinaisons dans les replis du mazocchio [sic]. Et le sculpteur Donatello lui disait : « Ah ! Paolo, tu laisses la substance pour l'ombre ! »

[...]

Il crut qu'il pourrait muer toutesm les lignes en un seul aspect idéal. Il voulut concevoir l'univers créé ainsi qu'il se reflétait dans l'oeil de Dieu, qui voit jaillir toutes les figures hors d'un centre complexe.

[...]

Car l'Oiseau ne connaissait pas la joie de se limiter à l'individu ; il ne demeurait point en un seul endroit : il voulait planer, dans son vol, au-dessus de tous les endroits. Et les formes des attitudes de Selvaggia furent jetées au creuset des formes, avec tous les mouvements des bêtes, et les lignes des plantes et des pierres, et les rais de la lumière, et les ondulations des vapeurs terrestres et des vagues de la mer.

[...]

L'Oiseau devint vieux, et personne ne comprenait plus ses tableaux. On n'y voyait qu'une confusion de courbes. On ne reconnaissait plus ni la terre, ni les plantes, ni les animaux, ni les hommes. Depuis de longues années, il travaillait à son oeuvre suprême, qu'il cachait à tous les yeux.

[...]

Et quelques années plus tard, on trouva Paolo Uccello mort d'épuisement sur son grabat. Son visage était rayonnant de rides. Ses yeux étaient fixés sur le mystère révèle. Il tenait dans sa main strictement refermée un petit rond de parchemin couvert d'entrelacements qui allaient du centre à la circonférence et qui retournaient de la circonférence au centre.




E tiña o costume de debuxar mazocchi [sic], que son círculos de madeira recubertos de pano que se poñen na cabeza, de xeito que as dobras do tecido sobrante rodeen toda a cara. Uccello imaxinou uns puntiagudos, outros cadrados, outros con facetas, dispostos en pirámides e conos, segundo todas as aparencias da perspectiva, ata o punto de encontrar un mundo de combinacións nas dobras do mazocchio [sic]. E o escultor Donatello dicíalle: «Ai, Paolo, descoidas a substancia pola sombra!»

[...]

Creu que podería mudar todas as liñas nun só aspecto ideal. Quixo concibir o universo creado igual que se reflectía no ollo de Deus, que ve xurdir todas as figuras dun centro complexo.

[...]

Porque o Paxaro non coñecía a alegría de limitarse ao individuo; non permanecía nun só lugar: quería planear, no seu voo, sobre todos os lugares. E as formas das actitudes de Selvaggia foron botadas no crisol das formas, xunto a todos os movementos de animais, e as liñas dos planetas e as pedras, e os raios de luz, e as ondulacións dos vapores terrestres e as ondas do mar.

[...]

O Paxaro fíxose vello, e ninguén comprendía xa os seus cadros. Neles só se vía unha confusión de curvas. Non se recoñecía xa nin a terra, nin as plantas, nin os animais, nin os homes. Traballaba desde había longos anos na súa obra suprema, que ocultaba á vista de todos.

[...]

E uns anos máis tarde, encontraron a Paolo Uccello morto de esgotamento no seu catre. A súa cara relucía de engurras. Os seus ollos estaban cravados no misterio revelado. Na súa man convulsivamente pechada tiña un pequeno círculo de pergameo cuberto de liñas entrelazadas que ían do centro á circunferencia e volvían da circunferencia ao centro.