Ao mundo civilizado.
Como representantes da ciencia e da arte alemá, os abaixo asinantes protestamos solemnemente ante o mundo civilizado polas mentiras e calumnias con que os nosos inimigos intentan ensuciar a xusta e nobre causa de Alemaña na dura loita que nos impuxeron e que ameaza nada menos que a nosa existencia. A marcha dos acontecementos tense encargado de refutar a mentireira propaganda que non anunciaba senón derrotas alemás, aínda que agora se empregan con moito máis ardor para falsear a verdade e facernos odiosos. Contra isto protestamos levantando a nosa voz, que é a voz da verdade.
Non é verdade que Alemaña provocase esta guerra. Nin o Pobo, nin o Goberno, nin o Emperador alemán a quixeron. Ata o último momento, ata o imposible, Alemaña loitou por manter a paz. O mundo enteiro pode xulgar as probas que proporcionan os documentos auténticos. En innumerables ocasións ao longo dos vinte e seis anos do seu reinado, Guillerme II defendeu a paz, feito que mesmo os nosos inimigos recoñeceron. Esquecen que este Emperador, ao que se atreven a comparar con Atila, foi obxecto das súas burlas a causa dese amor inquebrantable pola paz. Ameazado e despois atacado a traizón por tres grandes potencias, o noso pobo levantouse como un só home.
Non é verdade que vulnerasemos de xeito criminal a neutralidade de Bélxica. Temos a proba irrefutable de que Francia e Inglaterra decidiran vulnerar esa neutralidade coa conivencia de Bélxica. Tería sido un suicidio por parte da nosa patria non se adiantar a iso.
Non é verdade que os nosos soldados atentasen contra a vida e os bens dun só cidadán belga sen verse forzados a iso en lexitima defensa, porque unha e outra vez, a pesar das advertencias, a poboación disparou a traizón sobre as nosas tropas, mutilou feridos e asasinou médicos que exercían a súa humanitaria profesión. Non hai infamia maior que ocultar as atrocidades destes asasinos e acusar dun crime aos alemáns polos castigos que se viron obrigados a inflixir a estes bandidos.
Non é verdade que as nosas tropas destruísen Lovaina brutalmente. Asaltadas as súas posicións por unha poboación furiosa, ao seu pesar, as nosas tropas tiveron que tomar represalias e bombardear unha parte da cidade. A maior parte de Lovaina mantense intacta. A famosa Casa do Concello quedou intacta porque, a risco da súa vida, os nosos soldados protexérona das chamas. Por suposto, todos os alemáns lamentarían a destrución presente ou futura de obras de arte no curso desta terrible guerra. Pero, malia o noso grande amor pola arte, que non pode ser superado por ningunha outra nación, debemos rexeitar decididamente que o custo de salvar unha obra de arte supoña unha derrota dos nosos exércitos.
Non é verdade que fagamos a guerra sen respectar as leis internacionais. Os nosos soldados non cometen nin actos de indisciplina, nin crueldades. Non obstante, ao Leste da nosa patria, a terra empápase co sangue das mulleres e dos nenos masacrados sen piedade polas salvaxes tropas rusas, e no Oeste, as balas explosivas dos nosos adversarios destrúen os peitos dos nosos soldados. Os que se aliaron con rusos e serbios e non temen alentar a mongois e negros contra a raza branca, ofrecendo así ao mundo civilizado o espectáculo máis vergonzoso que se poida imaxinar, non teñen ningún dereito a chamarse a si mesmos defensores da civilización europea.
Non é verdade que a loita contra o chamado militarismo alemán non sexa tamén unha loita contra a nosa cultura, como pretenden os nosos hipócritas inimigos. Se non fose polo noso militarismo, a nosa civilización tería sido aniquilada hai tempo. Foi para protexela polo que xurdiu este militarismo no noso país, exposto como ningún outro a continuas invasións ao longo dos séculos. O Exército alemán e o Pobo alemán non son senón un e este sentimento une fraternalmente a 70 millóns de alemáns sen distinción de cultura, clase ou partido.
A mentira é a arma envelenada que non podemos arrancar das mans dos nosos inimigos. O único que podemos facer é declarar, levantando a voz ante o mundo enteiro, que os nosos inimigos dan falso testemuño contra nós. A quen nos coñece e foron, como nós, gardiáns dos bens máis prezados da humanidade, dicímoslles:
Créannos! Saiban que chegaremos ata o final desta loita como nación civilizada, como pobo para o que o legado de Goethe, Beethoven e Kant é tan sagrado como a súa terra e o seu fogar.
Respondemos diso co noso nome e a nosa honra:
- Adolf von Baeyer, Premio Nobel de Química 1905.
- Peter Behrens, arquitecto e deseñador.
- Emil von Behring, Premio Nobel de Medicina 1901.
- Wilhelm von Bode, historiador da arte.
- Aloïs Brandl, filologo austríaco.
- Lujo Brentano, economista e reformador social.
- Justus Brinckmann, director de museo
- Johannes Conrad, economista
- Franz von Defregger, pintor austríaco.
- Richard Dehmel, escritor e poeta.
- Adolf Deissmann, teólogo protestante.
- Wilhelm Dörpfeld, arqueólogo.
- Friedrich von Duhn, profesor de arqueoloxía clásica
- Paul Ehrlich, Premio Nobel de Medicina 1908.
- Albert Ehrhard, teólogo católico e erudito alsaciano.
- Karl Engler, profesor de química.
- Gerhart Esser, teólogo católico.
- Rudolf Eucken, filósofo e Premio Nobel de Literatura 1908.
- Herbert Eulenberg, escritor.
- Heinrich Finke, historiador.
- Emil Fischer, Premio Nobel de Química 1902.
- Wilhelm Foerster, astrónomo.
- Ludwig Fulda, dramaturgo e tradutor.
- Eduard von Gebhardt, pintor e profesor de pintura.
- Jan Jakob de Groot, profesor de etnografía.
- Fritz Haber, Premio Nobel de Química 1918.
- Ernst Haeckel, biólogo, filósofo e pensador.
- Max Halbe.
- Adolf von Harnack, teólogo protestante e director da Biblioteca Imperial.
- Gerhart Hauptmann, dramaturgo e Premio Nobel de Literatura 1912.
- Karl Hauptmann, dramaturgo.
- Gustav Hellmann, profesor de meteoroloxía.
- Wilhelm Herrmann, teólogo protestante.
- Andreas Heusler, profesor de filoloxía nórdica.
- Adolf von Hildebrand, escultor.
- Ludwig Hoffmann, urbanista.
- Engelbert Humperdinck, compositor.
- Leopold Graf Kalckreuth, presidente da Liga de Artistas Alemáns.
- Arthur Kampf.
- Friedrich August von Kaulbach, pintor.
- Theodor Kipp, profesor de xurisprudencia.
- Felix Klein, matemático.
- Max Klinger, artista.
- Aloïs Knoepfler, profesor de historia do cristianismo.
- Anton Koch, teólogo católico.
- Paul Laband, profesor de xurisprudencia.
- Karl Lamprecht, historiador.
- Philipp Lenard, Premio Nobel de Física 1905.
- Maximilian Lenz, profesor de historia.
- Max Liebermann, pintor.
- Franz von Liszt, profesor de xurisprudencia.
- Ludwig Manzel, escultor.
- Joseph Mausbach, teólogo católico.
- Georg von Mayr, profesor de ciencias políticas.
- Sebastian Merkle, teólogo católico.
- Eduard Meyer, historiador e arqueólogo.
- Heinrich Morf, profesor de filoloxía románica.
- Friedrich Naumann, pastor protestante e político.
- Albert Neisser, profesor de medicina.
- Walter Nernst, físico e químico, Premio Nobel de Química 1920.
- Wilhelm Ostwald, Premio Nobel de Química 1909.
- Bruno Paul, arquitecto e debuxante.
- Max Planck, Premio Nobel de Física 1918.
- Albert Plehn, profesor de medicina.
- Georg Reicke.
- Max Reinhardt, director de escena austríaco.
- Alois Riehl, profesor de filosofía.
- Karl Robert, profesor de arqueoloxía.
- Wilhelm Röntgen, Premio Nobel de Física 1901.
- Max Rubner, profesor de medicina.
- Fritz Schaper, escultor.
- Adolf von Schlatter, teólogo protestante.
- August Schmidlin, profesor de historia do cristianismo.
- Gustav von Schmoller, economista.
- Reinhold Seeberg, teólogo protestante.
- Martin Spahn, historiador e político.
- Franz von Stuck, artista.
- Hermann Sudermann, escritor e dramaturgo.
- Hans Thoma, pintor.
- Wilhelm Trübner, pintor.
- Karl Vollmöller.
- Richard Voss, escritor.
- Karl Vossler, profesor de filoloxía románica.
- Siegfried Wagner, compositor e director de orquestra.
- Wilhelm Waldeyer, profesor de anatomía.
- August von Wassermann, profesor de medicina.
- Felix von Weingartner, compositor e director de orquestra austríaco.
- Theodor Wiegand, arqueólogo.
- Wilhelm Wien, Premio Nobel de Física 1911.
- Ulrich von Wilamowitz-Moellendorff, filólogo alemán.
- Richard Willstätter, Premio Nobel de Química 1915.
- Wilhelm Windelband, filósofo e historiador.
- Wilhelm Wundt, psicólogo e filósofo.
|